Logo

INSCRICIÓNS DESDE O 20 DE XULLO DE 2026

Descrición

GlobalDXT Pontevedra organiza a I Edición de Correndo no Camiño - Pontevedra Caldas, un medio maratón de 21 km que se disputará o 19 de setembro de 2026, con saída na Ponte do Burgo (Pontevedra) e chegada ao corazón de Caldas de Reis.

É unha proba de running que mestura treitos de asfalto e de terra de doado correr, polo que a súa dificultade técnica é baixa. Realízase de forma íntegra polo Camiño de Santiago, sinalizado con marcas especiais para o evento.

A proba enténdese como un reto de mellora persoal, polo que se realiza a medición oficial de tempos, con puntos de paso intermedios.

Data e Horario

A proba disputarase o sábado 19 de setembro de 2026. A saída será ás 17:00 horas dende a Ponte do Burgo, cun tempo límite de 2 horas e 45 minutos para completar o percorrido ata a meta en Caldas de Reis. Os participantes que cheguen despois dese tempo entenderanse como fóra de carreira.

Recollida de Dorsais

A recollida de dorsais realizarase no Pavillón de Deportes de Pontevedra (zona de taquillas), o venres 18 de setembro de 17:00 a 20:30 horas e o sábado 19 de setembro de 12:00 a 16:00 horas.

Avituallamentos

O percorrido conta con avituallamento líquido no km 5 e avituallamento sólido-líquido nos km 10 e 15, ademais do avituallamento final en meta.

Servizos

A organización pon a disposición dos participantes múltiples servizos: duchas, gardarroupa e servizo de autobuses de volta.

19 de setembro de 2026

21 KM POLO CAMIÑO

Tes dúbidas sobre a proba?

Aquí tes as respostas ás preguntas máis habituais.

Ver preguntas frecuentes