INSCRICIÓNS DESDE O 20 DE XULLO DE 2026
Regulamento
GlobalDXT Pontevedra organiza esta I Edición de Correndo no Camiño - Pontevedra Caldas. Todo participante, ao realizar a inscrición, acepta as normas redactadas no presente regulamento.
Percorrido
Realízase de forma íntegra polo Camiño de Santiago, sinalizado con marcas especiais para o evento, dende a Ponte do Burgo (Pontevedra) ata Caldas de Reis.
Requisitos de Participación
A idade mínima para participar son 16 anos cumpridos antes do día da proba. Os participantes de entre 16 e 18 anos deberán achegar autorización escrita dos seus titores legais.
Dorsal e Chip
- Dorsal visible en todo momento (obrigatorio, na parte dianteira)
- O dorsal e o chip son persoais e intransferibles
- Todo participante que non leve o dorsal colocado de forma visible será expulsado da proba
Categorías
Absoluto, Promesas (16-23 anos), Senior (24-34), Máster A (35-44), Máster B (45-54) e Máster C (dende 55 anos), tanto masculino como feminino. Ademais, categorías de cadeira de rodas individual, cadeira con acompañante, handbike e outras categorías con diversidade funcional.
Premios
Todos os participantes que crucen a liña de meta recibirán unha medalla de FINISHER. Ademais, entregaranse trofeos ao primeiro, segundo e terceiro clasificado de cada categoría.
Seguro de Accidentes
A proba conta cun seguro de accidentes para os participantes inscritos. Este seguro cobre só accidentes, non calquera tipo de incidente. A participación é baixo a responsabilidade e o propio risco do participante, que declara na inscrición atoparse fisicamente apto para a proba.
Avituallamentos
Avituallamento líquido no km 5, avituallamento sólido-líquido nos km 10 e 15, e avituallamento sólido-líquido para todos os participantes en meta.
Control de Tempo
O control realízase de forma electrónica mediante chip. Descualificarase automaticamente aos participantes que non rexistren o paso por todos os puntos de control: saída, meta e demais controis situados ao longo do percorrido.
Servizos Médicos e Seguridade
A organización dispón dun cadro de médicos, ambulancias e unidades móbiles, puntos de socorro fixos, un posto médico en meta e vehículos vasoira. A Xefatura Provincial de Tráfico, a Garda Civil, a Policía Municipal, Protección Civil e voluntariado velarán pola seguridade da proba.
Medio Ambiente
A proba discorre por paraxes de gran valor natural. Está prohibido botar refugallos fóra das zonas habilitadas; o seu incumprimento supón a descualificación.
Descualificacións e Penalización
A organización poderá descualificar a calquera participante que:
- Non respecte o código de circulación
- Non respecte as consignas de seguridade das forzas da orde e da organización
- Non pase polo control de saída ou por outros controis do percorrido
- Ensucie ou degrade o itinerario botando refugallos
- Teña comportamentos que impidan o normal desenvolvemento da proba
- Non leve o dorsal colocado de forma visible
Documento Completo
Pode descargar o regulamento completo en formato PDF, incluíndo as cláusulas do seguro de devolución, dende esta ligazón.