INSCRICIÓNS DESDE O 20 DE XULLO DE 2026
Información da edición do 19 de setembro de 2026: os prazos e os datos da proba actualizaranse cando a organización publique os da próxima edición.












Correndo no Camiño
I EDICIÓN
Correndo no Camiño - Pontevedra Caldas é un medio maratón de 21 km organizado por GlobalDXT Pontevedra que discorre integramente polo Camiño de Santiago, dende a Ponte do Burgo, en Pontevedra, ata o corazón de Caldas de Reis. Combina treitos de asfalto e pista de terra de trazado sinxelo, cunha dificultade técnica baixa, pensada como un reto de superación persoal con medición oficial de tempos.